Bacallau Skrei confitado con coliflor

Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)

Receta de Bacallau Skrei confitado con coliflor

Ir á receita en castelán
Bacallau con coliflor, un clásico de toda a vida, pero con bacallau fresco Skrei.

  • 1 lombo de bacallau Skrei
  • Coliflor
  • Allos
  • Manteiga
  • Leite 
  • Pementón agridoce de la Vera
  • Aceite de oliva
  • Sal
Vimos de novo con outro prato con bacallau fresco, neste caso un clásico de sempre pero con bacallau fresco Skrei: bacallau con coliflor.
Como xa ides vendo, estou entrado nunha situación de namoro con este peixe. Pola súa calidade, textura, suavidade e facilidade á hora de cociñalo. Ademais de estar a un custo moi económico.
  1. Eliminamos as espiñas ó lombo de bacallau. 
  2. Poñemos aceite de oliva nunha cazola, en cantidade suficiente para que cubra o bacallau. Levamos o aceite a unha temperatura entre 50/60 grados.
  3. Cando o aceite alcance a temperatura, engadimos os allos laminados e o lombo do bacallau, deixamos confitar. Mantemos a temperatura durante 20 minutos. Xa imos vendo como se vai separando o lombo.
  4. Temos a coliflor cortada en ramos e cocemos ó vapor o tempo necesario.
  5. Poñemos a coliflor nun vaso batedor e engadimos un bo anaco de manteiga e unha pouca leite. Salpimentamos e batemos ben para obter unha crema fina. Reservamos ó calor.
  6. Cando o bacallau está feito, retiramos para unha cunca unhas culleradas do aceite de confitar e engadimos o pementón, remexemos ben e deixamos repousar para que vaian ó fondo as partículas do pementón.
  7. Para a presentación poñemos un fondo da crema de coliflor no prato de servizo, por riba unha porción de lombo de bacallau confitado, unhas láminas de allo e regamos todo co aceite con pementón.
Ides a estar diante dun prato suave de sabor e cunha textura fantástica. É conveniente que o bacallau non se pase de cocción.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
Allo
Bacallau Skrei
Coliflor