Bacallau ó forno e patacas revolconas

Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)

Receta de Bacallau ó forno e patacas revolconas

Ir á receita en castelán
Veña, que sei que vos gusta. Imos con outra receita de bacallau que acompañaremos de unhas ricas patacas.

  • lombos de bacallau
  • patacas
  • 2 dentes de allo
  • 100 grs de touciño
  • Pementón
  • Aceite de oliva
  • Sal
Esta é unha destas receitas moi fáciles e que nos vai a ser moi cómoda de facer.
Gústame o bacallau pola súa versatilidade en mil e unha preparacións. Neste caso cun golpiño de forno ímolo a ter listo.
  1. Pelamos as patacas, cascamos en anacos e as poñemos a cocer en auga con sal.
  2. Cando estean cocidas, escoamos e chafamos cun garfo para facer un puré. A min gústame que non me quede liso de todo, si o queredes así pasades as patacas polo pasapurés.
  3. Mentres se fan as patacas, pelamos e laminamos os dentes de allo. Tamén cortamos o touciño en pequenas tiras.
  4. Poñemos aceite nunha tixola e douramos os allos, cando vemos que comenzan a tomar cor retiramos e reservamos. No mesmo aceite fritimos as tiras de touciño, que reservamos cos allos.
  5. Poñemos o forno a prequecer a 190º.
  6. Retiramos a tixola do aceite e engadimos o pementón. Remexemos rápido para que non se queime. Botamos nun bol e deixamos que os restos de pementón vaian para o fondo.
  7. Poñemos os lombos de bacallau (sen espiñas) nunha bandexa de forno. Regamos cun pouco de aceite de pementón e deixamos no forno sobre uns 8/10 minutos. O tempo vai a depender da cantidade que metades. Xa ides vendo que as lascas se empezan a separar.
  8. Engadimos o aceite de pementón sobrante ó puré de patacas e integramos ben.
  9. Poñemos un fondo de puré de patacas, por riba o lombo de bacallau e decoramos co allo e o touciño reservado.
Non vos vou a contar nada mais. Unicamente tedes que facelo e levalo a vosa mesa.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
 
   
Bacallau
Patacas