Berberechos en conserva con ensalada líquida e aceite de abelá

Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)

Receta de Berberechos en conserva con ensalada líquida e aceite de abelá

Ir á receita en castelán
Seguimos hoxe  con outra receita moi sinxela, sen prender o lume e como non, con unha das nosas fantásticas conservas.

  • 1 lata de berberechos ó natural
  • Abelás
  • Variado de follas de brotes de leituga
  • Vinagre de mazá
  • Aceite de oliva
  • Sal
Pois nada, outra vez cas conservas a volta. Nesta ocasión faremos como unha sopa de ensalada onde irán os nosos berberechos.
  1. Abrimos a lata dos berberechos e escoamos, reservando o líquido de goberno.
  2. Rompemos groseiramente as abelás e cubrimos con aceite de oliva.
  3. Poñemos as follas dos brotes no vaso do batedor e engadimos o liquido de goberno dos berberechos. Engadimos un pouco de auga e batemos ata obter unha sopa. Pasamos por un chino e aliñamos ca sal e un golpe de vinagre de mazá.
  4. Para o empratado poñemos un fondo de sopa de ensalada, por riba os berberechos e aliñamos o conxunto cas abelás infusionadas no aceite.
Non vos queixaredes das receitas sinxelas, que están caendo estes últimos días.
Merece a pena que levedes este entrante a vosa mesa.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es

Abelás
Berberechos
Conservas