Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)
Web Autor: https://oliveiravarela.blogspot.com/Ver receta original: aquí.
Receta de Bacallau Skrei con guiso de fabas e patacas
Dende hai unhas semanas e ata finais de abril, temos con nos unha das delicias que nos da o mar: o bacallau Skrei.
Con un peixe tan delicado, non podíamos ter mellor compañeira que a suavidade da Faba Loba Montañas de Trevinca.
- 2 lombos de bacallau Skrei
- 150 grs de Faba Loba Montañas de Trevinca
- 1 cebola
- 2 cenorias
- 1 cullerada de prebe de tomate
- 1 pataca
- 1 dente de allo
- Tomiño
- Caldo de cocer as fabas ou de polo
- Aceite
- Pementa e sal
Como na outra receita que fixen con esta faba, para cocela usei a olla de cocción lenta. Aínda que non é imprescindible para a receita, cocín as fabas cun par de manitas de porco, que diu un caldo moi saboroso.
Para
os que queirades facer a receita e non teñades ocasión de obter este
tipo de faba, podedes sustituila por unhas fabas de La Granja.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
- Poñemos as fabas 12 horas en remollo.
- Pasamos as fabas á olla de cocción lenta, engadimos media cebola en cascos, as dúas cenorias, un chorro de aceite e cubrimos con auga. Deixamos facer durante oito horas en baixa.
- Retiramos as fabas e reservamos.
- Picamos fina a outra media cebola e sofritimos en dúas culleradas de aceite.
- A continuación engadimos o allo e o tomiño. Facemos un minuto e incorporamos o prebe de tomate a sal e a pementa.
- Deixamos que se cociñe uns minutos. Mentres pelamos, lavamos e cortamos a pataca en cadrados pequenos.
- Engadimos as patacas e mesturamos co sofrito. Cubrimos co caldo e deixamos facer a lume brando.
- Cando as patacas lle queden uns cinco minutos, incorporamos as fabas remexemos despazo e deixamos que se remate de facer a lume brando.
- Mentres se remata de facer o guiso das patacas e fabas, facemos o bacallau nunha tixola con una cullerada de aceite. Poñemos ca pel para abaixo e deixamos que se faga uns sete ou oito minutos. Damos a volta e deixamos un minuto.
- Poñemos unha cama de fabas e patacas, engadimos caldo do guiso e por riba o lombo do bacallau.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito