Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)
Web Autor: https://oliveiravarela.blogspot.com/Ver receta original: aquí.
Receta de Berberechos en conserva con ensalada líquida e aceite de abelá
Seguimos hoxe con outra receita moi sinxela, sen prender o lume e como non, con unha das nosas fantásticas conservas.
- 1 lata de berberechos ó natural
- Abelás
- Variado de follas de brotes de leituga
- Vinagre de mazá
- Aceite de oliva
- Sal
Pois nada, outra vez cas conservas a volta. Nesta ocasión faremos como unha sopa de ensalada onde irán os nosos berberechos.
- Abrimos a lata dos berberechos e escoamos, reservando o líquido de goberno.
- Rompemos groseiramente as abelás e cubrimos con aceite de oliva.
- Poñemos as follas dos brotes no vaso do batedor e engadimos o liquido de goberno dos berberechos. Engadimos un pouco de auga e batemos ata obter unha sopa. Pasamos por un chino e aliñamos ca sal e un golpe de vinagre de mazá.
- Para o empratado poñemos un fondo de sopa de ensalada, por riba os berberechos e aliñamos o conxunto cas abelás infusionadas no aceite.
Merece a pena que levedes este entrante a vosa mesa.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito