Bocado de mexillón en conserva con alioli de mazá e marmelo

Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)

Receta de Bocado de mexillón en conserva con alioli de mazá e marmelo

Ir á receita en castelán

Non me esquecín das conservas e, mais en concreto, das Conservas Portomar.
Imos a facer un rico bocado cuns estupendos mexillóns en conserva.

  • 1 lata de Mexillóns en escabeche Portomar 
  • O escabeche da lata
  • Anacos de pan cortados en cadrados
  • 1 mazá golden
  • 30 grs de marmelo
  • 1 dente de allo
  • 1 ovo
  • Sal
Non vou a repetir o que xa temos falado moitas veces: usemos as nosas excelentes conservas na nosa mesa.
Poño un dente de allo para o alioli, pero vai no vos gusto poñer algún mais.
  1. Abrimos a lata e sacamos os mexillóns, reservando o líquido do escabeche.
  2. Poñemos o líquido do escabeche, nun cazo para que reduza un pouco. Non o podedes perder de vista. Reservamos.
  3. Nunha tixola con aceite de oliva, fritimos os cadrados de pan. Pasamos a un prato con papel absorbente e reservamos.
  4. Pelamos, retiramos o corazón da mazá e poñemos a ferver, uns cinco minutos, nunha pouca auga. Engadimos o marmelo e trituramos.
  5. No vaso do batedor poñemos o dente de allo, sal e trituramos. Engadimos o ovo e imos incorporando o aceite en fío, sen deixar de bater.
  6. Mesturamos o puré de mazá e marmelo co alioli, ata que se integren ben.
  7. Para a montaxe poñemos un fondo do escabeche reducido, por riba o anaco de pan fritido, un mexillón e napamos co alioli. Poñemos uns pequenos dados de marmelo por riba e arredor do bocado.
Listo e non me negaredes que ides a desfrutar de un atrevido contraste de sabores.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es