Ensaladilla de agullas en aceite de oliva

Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)

Receta de Ensaladilla de agullas en aceite de oliva

Ir á receita en castelán
Imos a darlle outra volta a algunhas receitas con conservas, neste caso de Portomar.
Nesta ocasión imos a usar unha conserva que, creo, non é moi habitual nas nosas despensas: as agullas.

  • 1 lata de agullas en aceite de oliva Portomar
  • 2 patacas medianas
  • 1/2 cebola morada
  • 1/2 medio tomate rama
  • 10 olivas negras
  • Aceite de oliva virxe
  • Sal
Como xa vos teño contado en outras ocasións, é unha pena que non nos aproveitemos destas grandes conservas que nos da Galicia,
Conservas Portomar é filial do grupo Armadora Pereira que, cos seus barcos, percorren os mares do mundo.
  1. Poñemos a cocer as patacas con pel.
  2. Mentres cocen, picamos fina a cebola, o tomate e as olivas.
  3. Sacamos as agullas da lata, reservamos dúas enteiras e desmiolamos o resto. Reservamos tamén o aceite que ven na lata.
  4. Cando as patacas sexan manexables, pelamos, cortamos en anacos, chafamos cun garfo e salgamos. Non queremos un puré de patacas, queremos que nos queden con certa textura.
  5. Engadimos as patacas a cebola, o tomate, as olivas, as agullas desmioladas e o aceite da lata. Mesturamos ben.
  6. Servimos cas agullas reservadas por riba.
Penso que non vos cabe ningunha dúbida da facilidade do prato. Ademais de estar moi boa.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
 
Agullas
Cebola morada
Conservas Portomar
Olivas negras
Tomate