Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)
Web Autor: https://oliveiravarela.blogspot.com/Ver receta original: aquí.
Receta de Solombo de porco en adobo con pak choi salteado
Para min o allo, o pementón e o aceite, forma o triángulo máxico da cociña galega. Que queredes, aínda que cociñe pak choi, aplícolle o triángulo.
- Pak choi
- Solombo de porco
- Allos
- Pementa negra
- Pementón agridoce
- Pirixel
- Tomiño
- Aceite de oliva
- Sal
O pak choi é familia directa das coles, neste caso trátase de unha col asiática. Con sabor un pouco distinto ó noso, pódese preparar ó vapor ou, como no caso de hoxe salteado. É bo que, o prepares como o prepares, que quede ó dente.
Como vos comentaba mais arriba eu decidín saltealo con allo, aceite e pementón.
- Cortamos o solombo en medallóns como de un dedo de ancho.
- Nun prato sopeiro, picamos allo en láminas ó gusto, engadimos pirixel picado, o tomiño, a pementa negra, o pementón e o aceite. Remexemos ben para que se mesturen todos os ingredientes. Poñemos os medallóns neste adobo e deixamos macerar, como mínimo unha hora.
- Mentres cortamos a base mais dura da col e imos sacando as follas e lavando ben. Escoamos ben a auga.
- Cortamos as follas en anacos (tamén podedes deixar as follas enteiras).
- Poñemos unha tixola ó lume e salteamos, o pak choi, en dúas culleradas de aceite, con algún allo do adobo do solombo. Deixamos un par de minutos e engadimos o pementón. Volvemos a dar unhas voltas para que se mesture, salgamos e deixamos ó dente.
- Na mesma tixola, pasamos os medallóns de solombo case que volta e volta.
- Servimos o solombo co pak choi salteado.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito