Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)
Web Autor: https://oliveiravarela.blogspot.com/Ver receta original: aquí.
Receta de Solombo de porco, patacas e queixo Arzúa-Ulloa
Despisteime e pasaron algúns días sen publicar unha receita.
Pois aquí estamos para solucionalo con tres ingredientes e lista para a mesa.
- Solombo de porco
- Patacas
- Queixo Arzúa-Ulloa
- Aceite de oliva
- Sal
Hoxe non nos imos a complicar nada, ingredientes ó alcance de todos e plato de moi fácil execución.
Uso un queixo galego de pasta branda da D.O.P. Arzúa-Ulloa. De sabor suave, da moi bo resultado ó usalo no forno, deixando unha deliciosa crema sobre o alimento.
- Cortamos unha pataca grande un rodelas e fritimos. Eu para facer as patacas, arranco de aceite en frío. Cando escoito que comenzan a chisporrotear, baixo o lume e deixo que se vaian facendo. Ó final lle dou un golpe de calor para que tomen esa cor dourada.
- Mentres se fan as patacas, limpamos o solombo das graxas externas e cortamos en medallóns. Reservamos.
- Unha vez rematadas as patacas, reservamos e sacamos o aceite da tixola.
- Levamos de novo a tixola ó lume e facemos os medallóns do solombo, deixando que se selen por os dous lados. Tende en conta que van a ir ó forno polo menos uns seis ou sete minutos.
- Ó tempo de facer os solombos, poñemos o forno a prequecer a 200º.
- Nunha bandexa de forno, imos colocando unhas bases de pataca, por riba delas un medallón de solombo e rematamos cuns anacos de queixo.
- Levamos ó forno e seguramente nuns seis minutos o queixo estará fundido. Xa vos o ides vixiando.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito