Torta de améndoa

Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)

Receta de Torta de améndoa

 Ir á receita en castelán

A derradeira ocasión que publiquei unha receita no meu blog, foi en xuño do 2020, fai case cinco anos.
Hoxe decido, non sei con que frecuencia e durante canto tempo, o volverei a facer unha publicación. E mira ti o que son as cousas, unha receita de sobremesa que é o que menos me gusta cociñar.
Pero ben, alá imos e xa veremos por canto tempo.

Ingredientes
  • 250 grs de améndoa moída
  • 250 grs de azucre
  • 4 ovos
  • Canela en po
  • Relado da pel de 1/2 limón
  • Manteiga
  • Azucre moído (glas)
Esta tarta é un clásico que gosta a todo o mundo e de moi sixela execución. Xa veredes que ben recibida vai a ser nas vosas mesas.

  1. Mesturamos a améndoa moída cun golpe de canela en po e a pel do 1/2 limón relado. Mesturar ben.
  2. Noutro recipiente poñemos o azucre e imos incorporando os ovos un a un. Batemos ben despois da incorporación de cada ovo.
  3. Incorporamos a améndoa ó recipiente dos ovos co azucre. Mesturamos ben, ata que todo esté ben integrado.
  4. Forramos un molde desmontable, con papel de forno untado con manteiga e vertemos a mestura.
  5. Levamos ó forno prequecido a 180º, 30 minutos. 
  6. Deixamos arrefriar un pouco e retiramos con coidado do papel. Se tes ocasión fai a cruz de Santiago co azucre moído.
Listo para levar unha sensacional sobremesa a vosa mesa.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es