Pierini, o sándwich crocante

Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)

Receta de Pierini, o sándwich crocante

Ir á receita en castelán
Este é o famoso sánwich do Harry's Bar de Venecia.
  • Pan de molde artesán
  • 150 grs de xamón cocido
  • 150 grs de queixo para fundir
  • 2 xemas de ovo cocidas
  • 1 cullerada de prebe de mostaza
  • 2 culleradas de prebe Perrins
  • 1/2 guindilla
  • 150 ml de tona líquida
  • Manteiga
O Pierini sírvese nun local de 40 metros cadrados, pero posiblemente son os 40 metros cadrados mais famosos do mundo: o Harry's Bar de Venecia, que se fixo famoso por inventar o carpaccio.
Por ese pequeno local levan pasado, escritores, reis, actores, políticos e toda a alta sociedade.
O sándwich recorda o "croque monsieur", pero un pouco mais sofisticado, dende a miña opinión.
  1. Poñemos, picados, o queixo, o xamón, as xemas, os dou prebes, a guindilla, sal e pementa no vaso do batedor. Engadimos unha pouca tona e empezamos a bater ata conseguir unha pasta, imos engadindo tona para lograr unha pasta untuosa.
  2. Untamos unha das caras de cada rebanada de pan e untamos, xenerosamente ca pasta obtida.
  3. Facemos na prancha ou no forno ata que estean dourados e crocantes. Servir quentes.
Para servilos podemos cortalos e catro partes e presentalos ensartados por un pau de espetada.
Dicir que esta pasta tamén vos pode servir para as vosas tostas.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es

 
 
Mostaza
Queixo
Tona
Xamón Cocido