Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)
Web Autor: https://oliveiravarela.blogspot.com/Ver receta original: aquí.
Receta de Marmitako de luras
Unha preparación que recorda ó bonito, pero que admite outros produtos.
- 4 luras medianas
- 1 tomate
- 2 dentes de allo
- 1 cebola
- 1/4 de pemento vermello
- 4 patacas grandes
- 1 anaco de guindilla
- 1 folla de loureiro
- 1 cullerada de polpa pemento choriceiro
- Caldo de peixe
- Viño branco
- Aceite de oliva
- Sal
O marmitako é unha preparación eminentemente mariñeira. Ten as súa orixe nos mariñeiros vascos e cántabros, que facían, a bordo, esta preparación, de atún, pataca, pemento e cebola. Debe o seu nome ó utensilio que se usaba: a marmita.
Como comentaba mais arriba, é un guiso con atún, pero seguindo os pasos da receita, tamén podemos darlle vida con outros produtos.
- Limpamos ben as luras e cortamos en aneles. Reservamos.
- Picamos a cebola, o pemento e laminamos o allo. Picamos tamén o tomate.
- Nunha cazola cun fondo de aceite, facemos a cebola, o pemento e os allos. Deixamos facer uns minutos e engadimos o tomate e o pemento choriceiro. Deixamos que se faga lentamente o sofrito.
- Cando o sofrito estea listo, incorporamos as luras e damos unhas voltas para que se sofría o conxunto. Engadimos medio vaso de viño branco e deixamos que se evapore o alcohol.
- Engadimos ó conxunto as patacas, triscadas, unha folla de loureiro e o anaco de guindilla. Remexemos e cubrimos co caldo quente. Deixamos que levante o fervor e deixamos que se vaia facendo a lume brando.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito