Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)
Web Autor: https://oliveiravarela.blogspot.com/Ver receta original: aquí.
Receta de Pierini, o sándwich crocante
Este é o famoso sánwich do Harry's Bar de Venecia.
- Pan de molde artesán
- 150 grs de xamón cocido
- 150 grs de queixo para fundir
- 2 xemas de ovo cocidas
- 1 cullerada de prebe de mostaza
- 2 culleradas de prebe Perrins
- 1/2 guindilla
- 150 ml de tona líquida
- Manteiga
O Pierini sírvese nun local de 40 metros cadrados, pero posiblemente son os 40 metros cadrados mais famosos do mundo: o Harry's Bar de Venecia, que se fixo famoso por inventar o carpaccio.
Por ese pequeno local levan pasado, escritores, reis, actores, políticos e toda a alta sociedade.
O sándwich recorda o "croque monsieur", pero un pouco mais sofisticado, dende a miña opinión.
- Poñemos, picados, o queixo, o xamón, as xemas, os dou prebes, a guindilla, sal e pementa no vaso do batedor. Engadimos unha pouca tona e empezamos a bater ata conseguir unha pasta, imos engadindo tona para lograr unha pasta untuosa.
- Untamos unha das caras de cada rebanada de pan e untamos, xenerosamente ca pasta obtida.
- Facemos na prancha ou no forno ata que estean dourados e crocantes. Servir quentes.
Dicir que esta pasta tamén vos pode servir para as vosas tostas.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito