Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)
Web Autor: https://oliveiravarela.blogspot.com/Ver receta original: aquí.
Receta de Ensalada de salmón en conserva, trigueros, tomate seco e queixo de cabra
Hoxe volvemos as conservas, pero unha conserva que non é normal encontrala. Conservas Cambados envasa o salmón para nos.
- 1 lata de salmón en aceite de oliva
- 10 xemas de espárragos trigueiros
- Tomates deshidratados en aceite
- Queixo fresco de cabra
- Vinagre de sidra
- Aceite da lata do salmón
- Sal
Como vemos as conservas son as nosas grandes aliadas. Xa levades visto en receitas que teño publicadas, que nos fan disfrutar de uns estupendos pratos.
Podo asegurarvos, que a textura do salmón é sensacional e de un suave sabor que fai que a ensalada sexa un prato ideal.
- Cortamos as xemas dos espárragos (os tallos os podemos gardar para unha crema de verduras). Poñemos a ferver auga e cando ferva, botamos as xemas e escaldamos un par de minutos.
- Temos preparada auga con xeo e arrefriamos as xemas para que conserven a súa cor verde. Secamos.
- Nunha tixola cunha cullerada de aceite, salteamos as xemas e reservamos.
- Cortamos os tomates e desmiuzamos o queixo.
- Preparamos o aliño co propio aceite da lata e o vinagre. Batemos para emulsionar.
- No prato de servizo poñemos un fondo de espárragos e salgamos, por riba os tomates e o queixo e para rematar o salmón. Regamos co aliño e xa lista para a mesa.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito