Pescada ó forno sobre verduras

Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)

Receta de Pescada ó forno sobre verduras

Ir á receita en castelán
Fácil, sin artificios. Con todo o seu sabor, xa que cando o produto é bo pouco necesita.

  • Lombos de pescada
  • Xudías verdes
  • Allos tenros
  • Porro
  • Aceite de oliva virxe
  • Sal
Poucos ingredientes e fáciles de encontrar, para disfrutar deste delicioso prato.
  1. Repasamos ben os lombos da pescada, por si levaran algunha espiña.
  2. Cortamos en xuliana as xudías verdes, o porro e os allos tenros.
  3. Damos un escaldado, de uns tres minutos, as xudías verdes. Escoamos e secamos.
  4. Poñemos un par de culleradas de aceite nunha tixola, salteamos e salgamos as verduras. Pasamos as verduras a unha fonte que poida ir ó forno.
  5. Na mesma tixola damos unha volta e volta os lombos da pescada e pasamos á bandexa de forno, por riba das verduras.
  6. Salgamos, botamos un fío de aceite e levamos ó forno, prequecido a 180º, o tempo necesario de como queirades a pescada de pasada.
  7. Servimos unha base de verduras e por riba o lombo da pescada. Un fío de aceite por riba e listo.
Xa vedes que o único traballo é que nos quede no seu punto no forno.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
 


    Pescada
    Verduras