Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)
Web Autor: https://oliveiravarela.blogspot.com/Ver receta original: aquí.
Receta de Tosta de xoubas en aceite de oliva en cocción lenta
Que vos parece unhas xoubas feitas en cocción lenta.
- Xoubas
- Tomate
- Cebola morada
- Guindillas
- Pan
- Aceite de oliva
- Vinagre de sidra
- Sal en escamas
Volvemos a retomar esta olla que tantas satisfacións nos da: a olla de cocción lenta.
Xa fixera noutra ocasión sardiñas grandes, pero tiña ganas de probar cas xoubas e chegou o momento.
Podo dicirvos que quedaron sensacionais.
- Limpamos as xoubas e retiramos a cabeza e vísceras.
- Poñemos no fondo da olla, un fío de aceite e untamos ben todo o fondo.
- Colocamos as xoubas cubrindo todo o fondo. Tamén poden ir algunhas por riba.
- Engadimos unhas guindillas e cubrimos de aceite.
- Poñemos a olla a funcionar unha hora e cuarto en baixa. Deixamos en función de conservar quente 45 minutos.
- Traspasamos as xoubas a un recipiente adecuado, perfumamos lixeiramente co vinagre e cubrimos co aceite e guindillas da cocción. Conservamos na neveira.
- Para a tosta regamos as rebandas de pan cun fío de aceite e levamos ó forno uns 6 minutos a 200º arrancando de frío.
- Poñemos por riba da tosta unhas rodelas de tomate que salgamos, unhas plumas de cebola morada e os lombos das xoubas desespiñadas. Regamos co propio aceite da conserva.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito