Caldereta de fabas, peixe sapo e gambón

Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)

Receta de Caldereta de fabas, peixe sapo e gambón

Ir á receita en castelán
Na receita de hoxe imos a usar unha legume, que tivo a súa primeira colleita fai uns poucos meses. Falo de "A Faba Loba das Montañas de Trevinca", que imos a mesturar con un par de produtos de mar. 

  • 200 grs de Faba Loba das Montañas de Trevinca
  • 1,200 de peixe sapo
  • Gambón
  • 2 cenorias
  • 2 cebolas
  • 2 ceboletas
  • 1 porro
  • 1 pemento roxo
  • 2 tomates maduros
  • 2 dentes de allo
  • 1 vaso grande de viño branco Ribeiro
  • Aceite de oliva
  • Sal
Estamos ante unha faba firme, carnosa e tenra coma a manteiga. Para cocela usei a olla de cocción lenta e podo asegurarvos que quedaron no su punto de cocción perfecto.
Para os que queirades facer a receita e non teñades ocasión de obter este tipo de faba, podedes sustituila por unhas fabas de La Granja.
Das fabas
  1. Poñemos as fabas 12 horas en remollo.
  2. Pasamos as fabas á olla de cocción lenta, engadimos unha cebola en cascos, unha cenoria, un chorro de aceite e cubrimos con auga. Deixamos facer durante oito horas en baixa.
  3. Retiramos as fabas e reservamos.
Do caldo corto de peixe
  1. Pedimos na peixería que nos preparen ben o peixe sapo, Imos a traer para a casa a cabeza e a espiña.
  2. Pelamos os gambóns gardando as cabezas e as peladuras. Reservamos os gambóns pelados.
  3. Nunha cazola e cun pouco aceite pochamos unha cebola, porro e cenoria picadas. Engadimos as cabezas e peladuras dos gambóns e damos unhas voltas. Incorporamos a cabeza do peixe sapo, a espiña e cubrimos de auga. Deixamos facer uns 20 minutos, desespumando cando sexa necesario. Colamos e reservamos. Cando facemos un caldo con cabezas de peixe, non é convinte pasar dos 20 minutos, collería mal sabor.
Da caldereta
  1. Picamos as ceboletas e sofritimos nunha cazola.
  2. Mentres picamos o pemento, os allos e os tomates e engadimos á cazola ca cebola. Deixamos que evapore a auga do tomate.
  3. Engadimos o viño, subimos o lume e deixamos facer ata que evapore o alcohol.
  4. Incorporamos as fabas reservadas e cubrimos co caldo de peixe. Damos unhas voltas para que se integren.
  5. Engadimos o peixe sapo en anacos e deixamos que se faga uns 8/10 minutos.
  6. Incorporamos os gambóns damos unha volta, tapamos e retiramos do lume. Deixamos que se fagan co calor residual.
Sei que sempre vos digo o mesmo, pero de verdade que non podedes deixar de probar este tipo de faba.
Desde logo esta é unha receita de domingo.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es


 
Faba Loba
Gambón
Peixe sapo