Fabas con manitas de porco en olla lenta

Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)

Receta de Fabas con manitas de porco en olla lenta

Ir á receita en castelán
Onte, e nunha destas tolemias que lle dan o meu mais que bo amigo José Manuel García, lle recordaba a outro bo amigo común, Anxo Trives un prato de manitas de porco. Pois desde a miña pequena cociña, dedícoche este prato, de manitas con Faba Loba das Montañas de Trevinca, que de seguro che vai a gustar José Manuel.

  • 150 grs de Faba Loba das Montañas de Trevinca
  • 2 manitas de porco
  • 1 cebola
  • 2 cenorias
  • Pementón agridoce de la Vera
  • Sal
  • Aceite de oliva
José Manuel venme á memoria aquela xornada que pasamos en San Lázaro, na Festa da Uña. Desde logo é moi certo, que contigo aínda non o pasei nunca mal, sempre fixemos cousas divertidas e saborosas.
Bueno, sempre hai un lunar. Acórdate de aquel día en Portugal, que tivemos que ir a ver non sei que carallo de fervenza, monte arriba, e chovía como si non houbera mañá. "Pa habernos matao".
  1. Poñemos, as manitas a desalgar unhas 24 horas, cambiando a auga cada oito.
  2. Poñemos, tamén, as fabas en auga unhas 12 horas antes da preparación do prato.
  3. Escoamos as fabas e as poñemos no fondo da olla, por riba as manitas, a cebola partida pola metade, as cenorias, salgamos, botamos un chorro de aceite e cubrimos con auga. Tapamos e poñemos a cociñar oito horas en baixa.
  4. Pasado o tempo, retiramos a cebola e as cenorias. Reservamos para o sofrito.
  5. Retiramos tamén as manitas e desosamos. Farase moi fácil, xa que estarán moi tenras. Reservamos.
  6. Retiramos as fabas e reservamos. Tamén reservamos o caldo da cocción.
  7. Picamos a cebola e as cenorias e as sofritimos nunha cazola cun mínimo fondo de aceite, tede en conta que xa están feitas.
  8. Engadimos a carne das manitas, damos unhas voltas e incorporamos as fabas. Agregamos un pouco de pementón, remexemos e botamos un pouco caldo da cocción das fabas e as manitas.
  9. Deixamos que se faga uns minutos o conxunto e listo para a mesa.
De veras que imos a ter un saboroso prato de culler. Mirade ben que non leve ningún oso pequeno, pois esta peza ten un montón deles.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
 
Faba Loba
Manitas de porco