Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)
Web Autor: https://oliveiravarela.blogspot.com/Ver receta original: aquí.
Receta de Mini lacón asado na olla de cocción lenta
Hoxe volvemos a usar a nosa gran amiga: a olla de cocción lenta.
A verdade que é unha gran axuda na cociña unha olla deste tipo.
- 1 mini lacón
- Adobo (o teu gusto)
- Patacas
Xa está, estes son todos os ingredientes para facer un delicioso prato e practicamente sen traballo.
O adobo podedes facelo cos ingredientes que sexan do voso gusto.
- Poñemos o mini lacón en auga o día anterior.
- Preparamos o adobo escollido. Eu usei pirixel, allo, tomiño, pementa negra, mostaza, pementón agridoce, sal e aceite. Mesturamos todo.
- Secamos ben o lacón e untamos ben co adobo.
- Cubrimos o fondo da olla con auga. Ollo, exclusivamente o fondo.
- Colocamos unha rexa na pota (para que a carne non estea en contacto ca auga) e sobre ela o lacón. Deixamos facer oito horas en baixa.
- Unha vez pasado o tempo, poñemos nunha bandexa e levamos ó forno prequecido a 200º. Deixamos que colla unha bonita cor dourada.
- Mentres facemos unhas patacas para acompañar e reducimos a salsa resultante da olla.
- Troceamos o lacón, acompañamos das patacas e regamos co prebe reducido.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito