Porros, xamón cocido e a velouté do seu caldo

Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)

Receta de Porros, xamón cocido e a velouté do seu caldo

Ir á receita en castelán
Seguramente o porro é dos vexetais que mais nos gustan pola súa suavidade. Nesta receita os imos a disfrutar rebozados.

  • Porros finos
  • Xamón cocido
  • 1/2 cebola
  • 1 dente de allo
  • Fariña de garavanzo (pode ser de trigo)
  • Ovo
  • Aceite, sal e pementa
Como veredes poño nos ingrediente fariña de garavanzos, cada vez a uso con mais frecuencia. Dame a impresión que soporta mellor a humidade e fai un mellor rebozado.
  1. Poñemos auga a cocer nunha cazola e despois de lavadas, botamos as partes verdes dos porros. As partes brancas lles retiramos unha capa e tamén van á cazola.
  2. Vixiamos que a parte branca dos porros non perdan consistencia. Os retiramos e pasamos a papel absorbente para secalos. Reservamos o caldo.
  3. Estiramos as lonchas de xamón cocido e envolvemos o porro. Pasamos pola fariña, o ovo e de novo pola fariña.
  4. Fritimos os rollos ata que estean dourados. Reservamos.
  5. Picamos a cebola, o allo e poñemos a pochar. Engadimos unha culler pequena de fariña e salgamos. Damos unhas voltas e engadimos caldo de cocer os porros.
  6. Cando colla textura engadimos os porros reservados e deixamos que se fagan uns minutos.
  7. Presentamos cubrindo ca veloute por riba.
Xa vedes sinxelo e un primeiro prato do mais completo para o voso xantar.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
 
Porro
Xamón Cocido