Atún en aceite con piquillos caramelizados

Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)

Receta de Atún en aceite con piquillos caramelizados

Ir á receita en castelán
Hoxe imos a facer unha rica receita con outra das conservas de Portomar.
Un clásico de toda a vida: atún con pemento.


  • 2 latas de atún claro Portomar
  • 1 lata de pementos de piquillo de Lodosa
  • 1/2 cebola
  • Queixo de untar (opcional)
  • Aceite de oliva
  • Azucre
  • Galletas mariñeiras
Un dos bocadillos que garda o meu recordo gastronómico, é o de pemento morrón con atún.
Aproveitamos esta conserva que nos proporciona Portomar, para revisar ese recordo con algún pequeno cambio.
Como vedes uso as galletas mariñeiras (semellantes as regañás casteláns), pois son capaces de aguantar a humidade durante moito tempo.
  1. Cortamos a cebola en xuliana fina e poñemos a pochar, nunha tixola cun fondo de aceite de oliva. Deixamos facer despazo ata que collan unha lixeira cor dourada.
  2. Mentres se fai a cebola, imos cortando en tiras finas os pementos.
  3. Cando a cebola colle cor, engadimos os pementos en tiras. Damos unhas voltas para que se mesturen e deixamos facer uns minutos.
  4. Engadimos un par de culleradas de azucre (tedes que ir mirando que colla un sabor que vos guste), remexemos e deixamos que vaia caramelizando lentamente.
  5. Nunha galleta mariñeira untamos un pouco de queixo (opcional), por riba un golpe de pementos e rematamos con atún por riba.
Xa vedes imos a preparar un bo aperitivo co, case, mínimo de traballo e que os vosos comensais han de agradecer.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es

 
Atún branco Portomar
Cebola
Pementos Piquillo