Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)
Web Autor: https://oliveiravarela.blogspot.com/Ver receta original: aquí.
Receta de Bacallau en prebe verde
Despois de unhas festas fundamentalmente carnívoras, unha receita para os amantes do bacallau.
- 2 lombos de bacallau desalgado
- 1 ceboleta
- 2 dentes de allo
- 1 pementa de caiena (opcional)
- Caldo de peixe
- 1 vaso pequeno de viño branco
- Boliñas de patacas xa cocidas
- Ervellas
- Fariña
- Pirixel
- Sal e aceite de oliva
Cada un leva como pode os excesos das festas do Nadal, e eu penso que un prato de bacallau ven ó pelo para suavizar as nosas comidas.
Nos ingredientes poño bacallau desalgado, pero a receita faise perfectamente con bacallau fresco.
- Preparamos os lombos en anacos xenerosos e sin espiñas. Pasamos por fariña e reservamos.
- Picamos a ceboleta, os allos e a caiena. Deixamos que se vaian facendo nunha cazola cun chorro de aceite.
- Engadimos o viño e deixamos reducir.
- Imos incorporando o caldo pouco a pouco, ó tempo que imos movendo a cazola, para que o bacallau solte a xelatina e ligue o prebe.
- Engadimos as bolas de pataca e as ervellas. Temos a lume brando, uns cinco minutos, sen deixar de mover a cazola.
- Rectificamos de sal e engadimos o pirixel picado.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito