Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)
Web Autor: https://oliveiravarela.blogspot.com/Ver receta original: aquí.
Receta de Risotto de chipiróns na súa tinta en conserva
Seguro que estades un pouco saturad@s de cociña. As nosas conservas van a darnos un descanso.
- 2 latas de chipiróns na súa tinta
- 160 grs de arroz (arborio ou carnaroli)
- Pementón agridoce da Vera
- 1 vaso pequeno de viño branco
- Caldo de polo
- Media cebola
- Manteiga
- Parmesano relado
- Aceite de oliva
- Sal
Coma sempre as conservas están aí, para facilitarnos a tarefa e poder combinalas con outras preparacións.
Poñemos en valor as magnificas conservas, que temos nesta terra que se chama Galiza.
- Picamos a cebola e a poñemos a pochar.
- Cando a cebola está no seu punto, engadimos o arroz e damos unhas voltas. Incorporamos o viño branco, remexemos e deixamos evaporar o alcohol.
- Temos o caldo quente e engadimos tres culleróns. Remexemos de cando en vez e imos engadindo caldo na medida que lle vaia facendo falta.
- Mentres se fai o risotto, poñemos a quecer os chipiróns, engadindo unha pouca auga para que o prebe nos quede liso.
- Cando o risotto estea listo engadimos un par de noces de manteiga e o queixo relado. Damos unhas voltas.
- Para o servizo, poñemos no prato unha base de risotto, sobre a que engadimos os chipiróns.
Veredes que ides a ter un prato cheo de sabor, usando as nosas amigas as conservas.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito