Bola de salmón e queixo en cornete con guacamole

Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)

Receta de Bola de salmón e queixo en cornete con guacamole

Ir á receita en castelán
Volvemos con un entrante que penso é moi atractivo, ademais de saboroso.

Para o salmón
  • 200 grs de salmón en lonchas
  • 150 grs de queixo de untar
  • 75 grs de noces peladas
  • 1/2 mango
  • Follas de menta
  • Mini cornetes
Para o guacamole
  • 1 aguacate
  • 1/2 ceboleta
  • 1/2 tomate maduro
  • Pirixel
  • Zume de medio limón
  • Mestura de pementas
  • Sal e aceite
Dada a fácil execución do prato, merece a pena levalo á mesa como entrante nesa colección de pinchos que ides a facer nas festas. 
Dicir que se pode, e se debe, preparar todo con antelación e rechear no momento de ir á mesa.
  1. Picamos a polpa do aguacate e regamos co zume do limón (para evitar a oxidación). 
  2. Picamos fina a ceboleta e o tomate sen sementes, que engadimos ó aguacate. 
  3. Facemos o mesmo co pirixel que tamén engadimos, o mesmo que as pementas e un chorro de aceite de oliva. Remexemos ben, pasamos a unha manga pasteleira e reservamos ó fresco.
  4. Nun bol, imos a mesturar o queixo ca menta.
  5. Engadimos o mango cortado en pequenos cadrados, e as noces picadas. Facemos que se integren ben todos os ingredientes.
  6. Forramos un molde ou cubitera de forma redondeada con anacos de salmón que sobresaia, enchemos con unhas boliñas da mestura de queixo, pechamos co salmón que sobresae e deixamos na neveira, ó menos unha hora antes do servizo. 
  7. Enchemos os cornetes (non enchelos con antelación, pois abrandaría a galleta) co guacamole e pechamos o cornete ca bola de salmón recheo de queixo e mango.
Non me negaredes que é un entrante orixinal e con sabores moi distintos.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
aguacate
Noces
queixo crema
salmón
Tomate