Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)
Web Autor: https://oliveiravarela.blogspot.com/Ver receta original: aquí.
Receta de Milfollas de berenxena, sobrasada, tomate e queixo
Estamos en temporada de vexetais e, a pesar de non ter unha pequena horta, sempre hai algunha alma caritativa que se acorda dun.
- Berenxena
- Prebe de tomate
- Queixo (mozarella o provolone, etc)
- Sobasada
- Cebola
- Sal
- Aceite
Esta é unha preparación cun sabor intenso. Evidentemente os elementos de composición quedan o voso albedrío e gusto.
Aconsello non usar sal ca berenxena, pois a sobrasada o prebe e o queixo, xa levan de abondo.
- Preparamos un prebe de tomate ou usamos algún dos que hai no mercado.
- Pochamos unha cebola cortada en plumas
- Pelamos as berenxenas e cortamos en rodelas.
- Imos prequecendo o forno a 200º.
- Empezamos a montaxe dos milfollas, poñendo unha rodela de berenxena, por riba prebe de tomate, unha pouca cebola, un golpe de sobrasada e o queixo. Repetimos a montaxe ata tres rodelas.
- Levamos nunha fonte ó forno e baixamos a temperatura a 180º durante uns 20 minutos.
- Servimos quente.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito