Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)
Web Autor: https://oliveiravarela.blogspot.com/Ver receta original: aquí.
Receta de Pescada ó forno sobre verduras
Fácil, sin artificios. Con todo o seu sabor, xa que cando o produto é bo pouco necesita.
- Lombos de pescada
- Xudías verdes
- Allos tenros
- Porro
- Aceite de oliva virxe
- Sal
Poucos ingredientes e fáciles de encontrar, para disfrutar deste delicioso prato.
- Repasamos ben os lombos da pescada, por si levaran algunha espiña.
- Cortamos en xuliana as xudías verdes, o porro e os allos tenros.
- Damos un escaldado, de uns tres minutos, as xudías verdes. Escoamos e secamos.
- Poñemos un par de culleradas de aceite nunha tixola, salteamos e salgamos as verduras. Pasamos as verduras a unha fonte que poida ir ó forno.
- Na mesma tixola damos unha volta e volta os lombos da pescada e pasamos á bandexa de forno, por riba das verduras.
- Salgamos, botamos un fío de aceite e levamos ó forno, prequecido a 180º, o tempo necesario de como queirades a pescada de pasada.
- Servimos unha base de verduras e por riba o lombo da pescada. Un fío de aceite por riba e listo.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito