Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)
Web Autor: https://oliveiravarela.blogspot.com/Ver receta original: aquí.
Receta de Solombo de porco ó forno con verduras
Unha peza do porco, que ben tratada resulta espectacular.
- 1 solombo de porco mediano
- Touciño en lonchas
- 5 champiñóns
- 1/2 cebola
- 1/4 de pemento vermello
- 1 porro
- 1 cenoria
- 2 culleradas pequenas de mostaza
- 1 culler pequena de mel
- 1 vaso pequeno de viño branco
- 1 dente de allo
- Aceite de oliva
- Pementa negra
- Sal
Despois de algunhas receitas de peixe, imos a dar un descanso e poñemos algo con carne. Imos a darlle un toque de verduras que lle vai a ir moi ben.
- Nun bol mesturamos a mostaza, a mel, a pementa negra e o allo picado fino. Mesturamos ben.
- Retiramos o exceso de graxas do solombo e untamos co adobo preparado e envolvemos cas lonchas de touciño. Deixamos repousar unha hora.
- Mentres cortamos a cenoria, o pemento e o porro en bastóns, a cebola en plumas e os champiñóns en láminas.
- Nunha tixola, con duas culleradas de aceite, pochamos as verduras a lume brando uns 10 minutos. Botamos o viño branco e deixamos evaporar ata case seco.
- Nunha fonte, que poida ir ó forno, poñemos as verduras estiradas e por riba o solombo.
- Levamos ó forno, prequecido a 200º, e deixamos facer uns 20/25 minutos.
- Para a presentación, poñemos un fondo de verduras, por riba un medallón de solombo e salseamos co zume que solte o asado.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito