Tartaleta de tapenade, pementos do piquillo e anchoas

Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)

Receta de Tartaleta de tapenade, pementos do piquillo e anchoas

Ir á receita en castelán
Continuamos con preparacións sinxelas, pero con moito sabor. Un aperitivo que non faltará na túa mesa.

  • Tartaletas (ou tostas de pan)
  • 100 grs de olivas negras
  • 2 anchoas+1 por tartaleta
  • 2 dentes de allo
  • 10 pementos do piquillo
  • Aceite de oliva
  • Vinagre de mazá
  • Azucre 
  • Limón
  • Sal
Non hai moito que comentar da preparación de hoxe, un clásico dos aperitivos que sempre gusta.
Na medida que sexa posible, usar produtos de calidade e de orixe España, a nosa preparación gañará.
  1. Cortamos un dente de allo en láminas.
  2. Cortamos os pementos do piquillo en tiras.
  3. Nunha tixola, cun pouco de aceite, poñemos o allo en láminas. Deixamos que se doure a lume brando.
  4. Cando o allo comence a dourarse, engadimos os piquillos en tiras. Remexemos un par de minutos e engadimos o azucre e o vinagre. Deixamos que vaia acaramelando a lume brando.
  5. Para a tapenade poñemos no vaso do batedor, as olivas, o outro dente de allo, dúas anchoas, o zume de medio limón e unhas catro culleradas de aceite. Trituramos.
  6. Montamos na tartaleta unha pouca tapenade, uns pementos e unha anchoa para rematar.
Sen mais palabras, levar para a mesa e a disfrutar de esta mestura de sabores.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es

anchoas
Olivas negras
Pementos Piquillo