Tosta de xoubas en aceite de oliva en cocción lenta

Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)

Receta de Tosta de xoubas en aceite de oliva en cocción lenta

Ir á receita en castelán
Xa pasaron as vacacións e chega o tempo de poñerse a facer algo.
Que vos parece unhas xoubas feitas en cocción lenta.

  • Xoubas
  • Tomate
  • Cebola morada
  • Guindillas
  • Pan
  • Aceite de oliva
  • Vinagre de sidra
  • Sal en escamas
Volvemos a retomar esta olla que tantas satisfacións nos da: a olla de cocción lenta.
Xa fixera noutra ocasión sardiñas grandes, pero tiña ganas de probar cas xoubas e chegou o momento.
Podo dicirvos que quedaron sensacionais.
  1. Limpamos as xoubas e retiramos a cabeza e vísceras.
  2. Poñemos no fondo da olla, un fío de aceite e untamos ben todo o fondo.
  3. Colocamos as xoubas cubrindo todo o fondo. Tamén poden ir algunhas por riba.
  4. Engadimos unhas guindillas e cubrimos de aceite.
  5. Poñemos a olla a funcionar unha hora e cuarto en baixa. Deixamos en función de conservar quente 45 minutos.
  6. Traspasamos as xoubas a un recipiente adecuado, perfumamos lixeiramente co vinagre e cubrimos co aceite e guindillas da cocción. Conservamos na neveira.
  7. Para a tosta regamos as rebandas de pan cun fío de aceite e levamos ó forno uns 6 minutos a 200º arrancando de frío.
  8. Poñemos por riba da tosta unhas rodelas de tomate que salgamos, unhas plumas de cebola morada e os lombos das xoubas desespiñadas. Regamos co propio aceite da conserva.
Con esta preparación temos unhas ricas xoubas en aceite de oliva, que nos van a servir para que a nosa imaxinación gastronómica use.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es

Cocción lenta
Xoubas