Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)
Web Autor: https://oliveiravarela.blogspot.com/Ver receta original: aquí.
Receta de Vieira con puré de coliflor e a súa allada de allo negro
- 6 vieiras
- 1/2 coliflor
- 60 grs de manteiga
- 2 dentes de allo negro
- Pementón agridoce de la Vera
- Sal en escamas
- Aceite de oliva virxe
A coliflor non é dos produtos que despertan mais simpatías, pero é un vexetal que admite moitas preparacións. Este puré vai a ter moito sabor, pois imos a preparar a coliflor ó vapor, xa sabemos que a cocción ó vapor resalta mais os sabores.
A allada a imos a infusionar en frío.
- Separamos en ramos, lavamos e poñemos a cocer ó vapor entre 15/20 minutos (comprobamos que estea tenra) a coliflor, a contar desde que ferve a auga.
- Nun bol botamos o aceite, o allo picado e o pementón. Remexemos ben, deixamos que infusione e que os residuos do pementón se vaia ó fondo.
- Trituramos a coliflor ca manteiga e sal, ata obter un puré fino.
- Poñemos unha cullerada de aceite nunha tixola, e facemos as vieiras un minuto e medio, aprox., por cada lado.
- Mentres se fan as vieiras, temos a crema nun cazo, a lume suave, sen deixar de remexer.
- Para o servizo poñemos unha base do puré no prato (tamén se poden usar as cunchas), por riba a vieira regamos ca allada e unhas escamas de sal.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito