Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)
Web Autor: https://oliveiravarela.blogspot.com/Ver receta original: aquí.
Receta de Salpicón de navallas en conserva, mango e prebe de piquillos
De novo imos a preparar con conservas, un prato de acorde co verao que xa temos por riba.
- 1 lata de navallas en conserva
- Mango
- Ceboleta morada
- Pemento vermello
- Pemento verde
- 1 lima
- Ceboliño
- Pementos do piquillo
- Aceite de oliva virxe
- Sal
De novo facemos algo con conservas, que para o tempo vacacional que se aproxima, son moi prácticas na nosa cociña.
Neste caso usaremos unhas navallas en conserva, coma sempre, e de ser posible, usar unha conserva de calidade, o imos a notar no prato.
- Picamos, en cantidade necesaria, os pementos, o mango, a ceboleta e as navallas. Engadimos a pel da lima relada, un pouco ceboliño picado, mesturamos nun bol, salgamos e reservamos.
- Preparamos a vinagreta con zume da lima, un bo aceite de oliva virxe e líquido de goberno das navallas. A proporción: unha cullerada de zume de lima, unha cullerada de líquido de goberno das navallas e cinco de aceite de oliva virxe.
- Engadimos a vinagreta preparada as verduras e navallas picadas, damos unhas voltas e mesturamos ben. Tapamos cun plástico de cociña e reservamos na neveira.
- Poñemos seis ou sete pementos do piquillo no vaso do batedor cun fío de aceite e un belisco de sal. Batemos ben e reservamos.
- Cun fondo de prebe de piquillos, poñemos un golpe de salpicón por riba e adornamos cunha folla de ceboliño.
Xa veredes como este contraste de sabores vai a gustar na vosa mesa.
Podemos deixar o primeiro prato, preparado antes de baixar á praia.
Podemos deixar o primeiro prato, preparado antes de baixar á praia.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito