Tosta de salmón e ovo de paspallás

Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)

Receta de Tosta de salmón e ovo de paspallás

Ir á receita en castelán
As veces abres a neveira e atopas produtos que van quedando de outras preparacións.
É o momento de unha receita de aproveitamento.

  • Pan
  • Lombo de salmón ó forno
  • Ovos de paspallás
  • Maionesa
  • Aceite
  • Sal
O dito, as veces coincide pan que che queda, un resto de salmón ó forno do día anterior e uns ovos de paspallás que quedaron e aínda están en data. 
Na cociña non se pode tirar nada e temos que reciclar todos os restos de comida que nos quedan. Darlle unha nova vida.
  1. Fritimos as tostas de pan e poñemos entre papel para quitar o exceso de graxa. Reservamos.
  2. Desmiuzamos cas mans o salmón e mesturamos con dúas culleradas de maionesa.
  3. Fritimos os ovos e salgamos.
  4. Montamos poñendo unha porción de salmón por riba da tosta e por riba o ovo de paspallás.
Xa vedes que ademais de aproveitar os restos, temos unha rica tosta en poucos minutos.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
 
Ovos de paspallás
Pan
salmón