Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)
Web Autor: https://oliveiravarela.blogspot.com/Ver receta original: aquí.
Receta de Ensalada de xarda seca e froitas (Prato I)
Como imos cara á primavera e ó verán, penso que os pratos fríos vannos a ir de película.
PARA A SALAZÓN
- 2 xardas
- 2 culleradas de xenxibre en po
- 1 cullerada de aneto seco
- 300 grs de azucre
- 300 de sal grosa
- Brotes tenros
- Aguacate
- Laranxa sanguina
- Cebola morada
- Lima
- Aceite de oliva virxe
- Sal Maldon
Coido que xa vos contei en algunha ocasión, que a xarda é un dos peixes que máis me gusta. Nesta ocasión imos a preparala curada en sal, un dos métodos mais antigos de conservación.
A partires do salgado, fixen tres preparacións que vos irei poñendo en seguintes días.
Como nota aclaratoria, direi que co tempo que dou de salgado, a xarda non queda totalmente seca, queda con unha suave textura interior. Quen a queira mais curada que aumente o tempo.
A salazón
- Pedimos na peixería que nos preparen as xardas sen cabeza ni espiñas. As repasaremos na casa para rematar de retiralas todas.
- Mesturamos o azucre, a sal, o aneto e o romeiro seco, Damos voltas ata que todos os ingredientes estean mesturados.
- Nunha bandexa poñemos unha cama da mestura da sal. por riba os lombos da xarda e cubrimos ben co resto da mestura de sal. Cubrimos con plástico culinario e deixamos na neveira unhas dúas horas e media.
- Pasado o tempo sacamos da sal e pasamos por auga. Secamos con papel de cociña, regamos cun pouco de pementa e aceite. Estarían listas para consumir, pero si deixamos repousar ate o seguinte día, estarán mellor.
- Usando un coitelo ben afiado, sacamos a pel do lombo da xarda.
- Cortamos en dados e reservamos.
- Cortamos, tamén en dados, o aguacate. Reservamos rociado de zume de lima para que non oxide.
- Pelamos a laranxa sanguina e, cun coitelo ben afiado, imos sacando os cuarteiróns da súa pel.
- Preparamos a vinagreta, con dúas culleradas de zume de laranxa sanguina, dúas culleradas de zume de lima (tamén pode ser vinagre de mazá) e tres culleradas de aceite. Salgamos e batemos para que emulsione.
- No prato de servizo, poñemos un lixeiro fondo de brotes e engadimos os dados de aguacate, os cuarteiróns de laranxa e os dados de xarda seca. Regamos ca vinagreta.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito