Caprese con bacalllau afumado

Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)

Receta de Caprese con bacalllau afumado

Ir á receita en castelán
A receita de hoxe ven da mao dun cociñeiro que sigo habitualmente e me gusta: Julius Bienert fai receitas que nos gustan, rápidas e accesibles.


  • 1 tomate fermoso
  • 1 bola de mozzarella
  • Bacallau afumado
  • Alfábega
  • Olivas negras
  • Vinagre de mazá
  • Aceite
  • Sal
A ensalada caprese ten a súa orixe en Italia, mais concretamente en Capri. Fundamentalmente tomate, mozzarella e alfábega. Veredes que é unha caprese un pouco desordenada, á que lle incorporamos un bacallau afumado, que lle vai a dar un toque distinto.
Fixen algún pequeno cambio, que espero que o cociñeiro me perdoe.
  1. Poñemos as láminas de bacallau a atempar.
  2. Relamos o tomate, aliñamos e salgamos o noso gusto, remexemos e poñemos a escoar para separar a polpa do líquido.
  3. Facemos anacos de mozzarella, sacando os anacos a beliscos. Reservamos.
  4. Cortamos as olivas e picamos unhas follas de alfábega.
  5. No prato de servizo, poñemos un fondo de polpa de tomate e por riba os anacos de mozzarella, as olivas, o bacallau e a alfábega picada.
  6. Regamos todo o conxunto co líquido resultante de escuar o tomate relado.
Xa vedes receita marca de Julius Bienert, sinxela, rápida e con sabor. Usade a imaxinación para servila.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
 
Alfábega
Bacallau afumado
Mozzarella
Tomate