Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)
Web Autor: https://oliveiravarela.blogspot.com/Ver receta original: aquí.
Receta de Bacallau ó forno con prebe de pementos, espinacas y chorizo
Retomamos de novo o bacallau, ese peixe que tanto nos gusta e que tantas preparacións permite.
- 1 lombo de bacallau desalgado
- 600 grs de espinacas baby
- Medio chourizo
- 350 grs de tomate
- 100 grs de pemento vermello
- 100 grs de pemento amarelo
- 150 grs de cebola
- Medio vaso de viño branco
- Aceite de oliva
- 3 dentes de allo
- Pirixel
- Sal
O bacallau segue a darnos moito xogo na cociña. A súa versatilidade fai que o podamos preparar dun montón de maneiras.
A receita de hoxe leva un pouco de elaboración, pero moi sinxela. Merece a pena.
- Picamos os pementos, a cebola e dous dentes de allo. Poñemos a pochar en aceite. Mentres pelamos e cortamos en anacos os tomates.
- Cando os pementos estean, engadimos o viño branco e deixamos que evapore o alcohol, case ata seco.
- Engadimos os tomates, salpimentamos e deixamos cocer lentamente. Trituramos, colamos e reservamos.
- Cortamos o lombo de bacallau en anacos e marcamos nunha tixola untada en aceite. Rematamos no forno a 180º entre 3 e 5 minutos.
- Retiramos a pel do chourizo e picamos en anacos pequenos. Nunha tixola sen aceite, salteamos o chourizo ate que bote a graxa e quede crocante. Reservamos en papel absorbente.
- Salteamos nun fondo de aceite de oliva, salteamos o outro dente de allo e as espinacas. Salgamos.
- Para montar o prato o voso gusto é o que manda. Eu puxen un golpe de prebe no medio, por riba o bacallau e rodeando as espinacas con anacos de chourizo.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito