Suprema de pescada sobre prebe de mostaza e sofrito de tomate seco e abelá

Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)

Receta de Suprema de pescada sobre prebe de mostaza e sofrito de tomate seco e abelá

Ir á receita en castelán
Dado que o que temos é tempo, imos a preparar un prato un pouco mais "de domingo".
Imos a facer unha pescada que vai a ter unha boa cantidade de matices.
  • 4 supremas de pescada
  • 1 cullerada de fariña
  • 1 cullerada de mostaza antiga
  • 2 vasos de leite (aprox)
  • 1 cullerada de abelás
  • 10 tomates secos
  • Media cebola
  • 1 dente de allo
  • Aceite de oliva
  • Sal
Nesta receita imos a usar mostaza, pero posiblemente a de menos uso nas nosas cociñas: á antiga. As sementes danlle unha boa textura e, penso, non é tan agresiva como a normal.
Tamén é a primeira vez que fago un sofrito co tomate seco. Podo dicirvos que me sorprendeu.
  1. Nunha tixola facemos un roux. Poñemos unha cullerada de aceite e, cando empece a tomar calor, a de fariña. Remexemos un minuto para que a fariña se faga e non saiba a cru.
  2. Engadimos a leite, que teremos tibia, non toda de golpe e imos espesando. Engadimos a mostaza e reservamos.
  3. Picamos a ceboleta, o dente de allo e poñemos a pochar dous ou tres minutos. Engadimos os tomates secos picados e as abelás rotas. Deixamos facer o conxunto a lume brando. Retiramos da tixola e reservamos.
  4. Na mesma tixola, de facer o sofrito, facemos as supremas de pescada, poñéndoa primeiro pola parte de pel. Deixamos que se faga dous ou tres minutos. Damos a volta e deixamos un par de minutos. O tempo de cocción da pescada vai a ir en función de como vos guste de pasada. Tede en conta que a pescada tende a secarse pronto.
  5. No prato de servizo poñemos un fondo do prebe de mostaza, por riba a suprema de pescada e o sofrito de tomate seco.
Seguro que ides a triunfar na vosa mesa, con esta receita moi vistosa e de non difícil execución.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
    
Abelás
Mostaza
Pescada
Tomates secos