Bacallau ó forno con prebe de pementos, espinacas y chorizo

Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)

Receta de Bacallau ó forno con prebe de pementos, espinacas y chorizo

Ir á receita en castelán
Retomamos de novo o bacallau, ese peixe que tanto nos gusta e que tantas preparacións permite.

  • 1 lombo de bacallau desalgado
  • 600 grs de espinacas baby
  • Medio chourizo
  • 350 grs de tomate
  • 100 grs de pemento vermello
  • 100 grs de pemento amarelo
  • 150 grs de cebola
  • Medio vaso de viño branco
  • Aceite de oliva
  • 3 dentes de allo
  • Pirixel
  • Sal
O bacallau segue a darnos moito xogo na cociña. A súa versatilidade fai que o podamos preparar dun montón de maneiras.
A receita de hoxe leva un pouco de elaboración, pero moi sinxela. Merece a pena.
  1. Picamos os pementos, a cebola e dous dentes de allo. Poñemos a pochar en aceite. Mentres pelamos e cortamos en anacos os tomates.
  2. Cando os pementos estean, engadimos o viño branco e deixamos que evapore o alcohol, case ata seco.
  3. Engadimos os tomates, salpimentamos e deixamos cocer lentamente. Trituramos, colamos e reservamos.
  4. Cortamos o lombo de bacallau en anacos e marcamos nunha tixola untada en aceite. Rematamos no forno a 180º entre 3 e 5 minutos.
  5. Retiramos a pel do chourizo e picamos en anacos pequenos. Nunha tixola sen aceite, salteamos o chourizo ate que bote a graxa e quede crocante. Reservamos en papel absorbente.
  6. Salteamos nun fondo de aceite de oliva, salteamos o outro dente de allo e as espinacas. Salgamos.
  7. Para montar o prato o voso gusto é o que manda. Eu puxen un golpe de prebe no medio, por riba o bacallau e rodeando as espinacas con anacos de chourizo.
Non deixedes de probar este sensacional prato de bacallau.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
 
    Bacallau
    Chourizo
    Espinacas