Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)
Web Autor: https://oliveiravarela.blogspot.com/Ver receta original: aquí.
Receta de Bocado de sobaos, queixo de cabra e turrón
Que vos parece se cun bocado de sobremesa poñemos contentos os do doce e os do salgado.
- 6 sobaos
- 40 grs de turrón do duro
- 1 mini rulo de queixo de cabra
- 100 ml de tona para montar
- 30 grs de chocolate de facer
- Follas de menta
En primeiro lugar, indicar que cas cantidades que se poñen, imos a facer 12 bocados.
Esta receita a saco de Karlos Arguiñano, cociñeiro que xunto con Maruja Callaved, dignificaron, popularizaron a profesión de cociñeiro e levaron a variedade gastronómica as nosas casas.
Unha sinxela sobremesa que contrasta o doce e o salgado, cunha combinación que rematamos cun chocolate aromatizado ca menta.
- Preparamos unha bandexa de forno, cuberta con papel de forno.
- Cun molde pequeno recortamos os sobaos. Imos colocando na bandexa do forno.
- Colocamos por riba dos sobaos un círculo de queixo de cabra.
- Relamos o turrón por riba dos bocados e poñemos no forno a gratinar.
- Picamos unhas follas de menta.
- Mentres relamos o chocolate e poñemos a tona ó lume. Cando comence a ferver engadimos o chocolate e remexemos ate que se integre. Engadimos as follas de menta picadas e damos unhas voltas.
- Colocamos os bocados nunha fonte de servizo e regamos co chocolate reservado. Adornamos con pequenas follas de menta.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito