Luras fritas con puré de aguacate

Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)

Receta de Luras fritas con puré de aguacate

Ir á receita en castelán 
Imos a combinar as luras cun puré que non entra no noso concepto desta fritura.
  • 500 grs de luras
  • 1/2 aguacate
  • 1 lima
  • Guindilla
  • Fariña
  • Aceite
  • Sal
Esta combinación é de esas que fai Jamie Oliver, no seu programa Rápido e fácil con cinco ingredientes. Ten os seus detractores, pero a min gústame o que fai.
Temos que estar abertos e esta receita é unha maneira distinta de presentar as nosas clásicas luras fritas.
  1. Limpamos e lavamos ben as luras. Secamos moi ben, cortamos en aneis e salgamos.
  2. Poñemos a fariña nun bol e pasamos os aneis das luras por ela. Enfariñamos ben, facendo que a fariña chegue a todas partes.
  3. Pelamos o aguacate e chafamos cun garfo. Relamos por riba, do puré, a pel da lima, salgamos e engadimos o zume da lima. Mesturamos ben.
  4. Nunha tixola con aceite de oliva quente, fritimos as luras, sen sacudir o exceso de fariña. Deixamos que se fagan ata que collan esa bonita cor dourada.
  5. Estendemos o puré polo prato de servizo, poñemos por riba as luras fritas e engadimos aros de guindilla.
Xa veredes como ides a sorprender os vosos comensais con esta rica combinación.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
  
aguacate
guindilla
lima
Luras