Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)
Web Autor: https://oliveiravarela.blogspot.com/Ver receta original: aquí.
Receta de Bocadillo de pastrami
Este é o famoso bocadillo, que se sirve na famosa escena da película "Cuando Harry encontró a Sally".
- Pan rústico
- Pastrami
- Pepinillos grandes
- Queixo en lonchas
- Rúcula e follas varias
- Maionesa
- Mostaza
- Manteiga
O pastrami é basicamente carne roxa de tenreira, especiada, posta en salmoira e afumada.
Este produto é moi típico no outro lado do Atlántico, de feito é típico velo nos bocadillos nas películas norteamericanas.
De un tempo a esta parte comenza a verse nas nosas superficies de alimentación.
- Poñemos a manteiga a temperatura ambiente.
- Mesturamos un pepinillo picado, a maionesa e a mostaza o noso gusto.
- Cortamos en láminas os pepinillos.
- Untamos as partes interiores do pan con este prebe que fixemos e as exteriores ca manteiga.
- Sobre unha base de pan poñemos a rúcula e outras follas aliñadas cun pouco aceite, láminas de pepinillo, un par de lonchas de pastrami, o queixo, outro par de lonchas de pastrami e máis follas de rúcula.
- Poñemos a outra tapa de pan e pasamos pola prancha para douralo por fora.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito