Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)
Web Autor: https://oliveiravarela.blogspot.com/Ver receta original: aquí.
Receta de Caldereta de bacallau Skrei e vieiras
Estamos ca tempada do bacallau Skrei recen comenzada. Temos que aproveitar este peixe de carne branca e suave.
- 2 lombos de bacallau skrei
- 6 vieiras
- Gambóns
- Mexillóns cocidos
- Caldo de peixe
- 2 patacas
- 2 dentes de allo
- 1 cebola
- Tomate triturado
- 30 grs de améndoas tostadas
- 2 rebandas de pan frito
- Sal
- Pementa negra
- Aceite de oliva
Salvo o bacallau e as vieiras, os outros ingredientes do mar están o voso gusto. Ameixas, berberechos, gambas, etc.
Xa sabedes que o Skrei chega nestas datas ata as costas de Noruega e a súa tempada alcanza ata abril, maio.
- Picamos a cebola e un dente de allo. Poñemos a pochar a lume brando.
- Mentres se fai a cebola e o allo, pelamos e cortamos as patacas en anacos de bocado.
- Engadimos as patacas á cebola e damos unhas voltas. Cubrimos co caldo e deixamos que se vaian facendo a lume brando.
- Facemos un majado co pan frito, o outro allo e as améndoas. Engadimos as patacas.
- Cando lle falten uns cinco minutos as patacas, incorporamos tomate triturado ó gusto.
- Engadimos os lombos de bacallau en anacos, as vieiras, os gambóns e xa no final os mexillóns cocidos.
- Deixamos que se faga uns cinco minutos, dando movementos á cazola. Deixamos repousar, tapada, outros cinco minutos e para a mesa.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito