Carrilleiras de tenreira en escabeche de vinagre Albarro XP III

Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)

Receta de Carrilleiras de tenreira en escabeche de vinagre Albarro XP III

Ir á receita en castelán
Con esta receita se pecha a triloxía de pratos preparados con Albarro de Vinagres do Ribeiro.
De as carrilleiras
  • 700 grs de carrilleiras de tenreira
  • 1 folla de loureiro
  • Grans de pementa negra
  • 300 grs de aceite de oliva
  • 300 grs de viño branco D.O. Ribeiro
  • 200 grs de Vinagre Albarro XP III
  • Sal
De os vexetais
  • 1 porro
  • 2 cenorias
  • 6 dentes de allo
  • 6 ceboliñas francesas
  • 50 grs aceite de oliva
  • 100 grs de viño branco D.O. Ribeiro
  • 50 grs de Vinagre Albarro XP II
  • Sal 
O outro día Xoan Pablo Lorenzo foi tan amable de acercarme unha botella de Albarro XP III. Un vinagre con sete graos de acidez e de unha cor mais intensa que os seus predecesores e con unha calidade soberbia.
Con esta receita pecho o círculo de receitas con este Vinagre do Ribeiro:
A receita que fago hoxe, probeina nun bar de León que a tiña de tapa e comentáronme a receita que eles facían.
  • De as carrilleiras
    1. Limpamos ben de graxas as carrilleiras. Salpimentamos.
    2. Poñemos o aceite ó lume e selamos as carrilleiras.
    3. Engadimos o viño, o vinagre, o loureiro e os grans de pementa.
    4. Deixamos que se vaian facendo a lume brando durante unhas dúas horas. É conveniente que as pezas estean cubertas de  líquido e tapar a pota (deixando un respiro) para evitar a evaporación.
  • De os vexetais
    1. Cortamos o porro e as cenorias en rodelas, deixamos os allos con pel, pero lles damos un pequeno golpe e pelamos as ceboliñas e deixamos enteiras.
    2. Procedemos a escabechar do mesmo xeito que as carrilleiras, uns 20 minutos.
  • De a presentación
    1. Nunha pequena cunca poñemos un pequeno fondo de follas tenras, escabeche vexetais (cortamos as cebolas en cuartos), as carrilleiras en dados, regamos co prebe do escabeche e salgamos con sal en escamas.
    2. Para unha segunda presentación, fritimos unhas tostas de pan, sacamos a pel dos allos e esmagamos. Untamos as tostas co allo esmagado, poñemos o escabeche vexetal e por riba carrilleira cortada en lonchas finas. Botamos prebe do escabeche e salgamos con escamas de sal.
É conveniente non tomalo no mesmo día, vai a gañar con un par de días de repouso na neveira. É bo sacar da neveira con antelación, para que colla temperatura. Ides a disfrutar con esta receita.


Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es