Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)
Web Autor: https://oliveiravarela.blogspot.com/Ver receta original: aquí.
Receta de Ensalada de bacallau , tomates cereixa e olivas
Aínda que non o pareza imos camiño do verán. É o tempo de pratos frescos e de fácil execución.
- Bacallau desalgado
- Tomates cereixa
- Olivas verdes ou negras
- Ceboleta
- Sal
- Aceite
Pouco que comentar sobre o tema. Cando estamos de asueto, o que queremos é pasar pouco tempo na cociña. Este é un prato rápido para unha cea ou unha ensalada de entrante nun xantar.
- Desmiuzamos o bacallau cas mans e poñemos na ensaladeira.
- Picamos fina a ceboleta e engadimos.
- Lavamos e cortamos en cuartos os tomates cereixa. Engadimos.
- Picamos as olivas e engadimos.
- Salgamos e aliñamos cun bo aceite de oliva virxe e damos unhas voltas.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito