Ensalada de salmón en conserva, trigueros, tomate seco e queixo de cabra

Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)

Receta de Ensalada de salmón en conserva, trigueros, tomate seco e queixo de cabra

Ir á receita en castelán
Hoxe volvemos as conservas, pero unha conserva que non é normal encontrala. Conservas Cambados envasa o salmón para nos.

  • 1 lata de salmón en aceite de oliva
  • 10 xemas de espárragos trigueiros
  • Tomates deshidratados en aceite
  • Queixo fresco de cabra
  • Vinagre de sidra
  • Aceite da lata do salmón
  • Sal
Como vemos as conservas son as nosas grandes aliadas. Xa levades visto en receitas que teño publicadas, que nos fan disfrutar de uns estupendos pratos.
Podo asegurarvos, que a textura do salmón é sensacional e de un suave sabor que fai que a ensalada sexa un prato ideal.
  1. Cortamos as xemas dos espárragos (os tallos os podemos gardar para unha crema de verduras). Poñemos a ferver auga e cando ferva, botamos as xemas e escaldamos un par de minutos.
  2. Temos preparada auga con xeo e arrefriamos as xemas para que conserven a súa cor verde. Secamos.
  3. Nunha tixola cunha cullerada de aceite, salteamos as xemas e reservamos.
  4. Cortamos os tomates e desmiuzamos o queixo.
  5. Preparamos o aliño co propio aceite da lata e o vinagre. Batemos para emulsionar.
  6. No prato de servizo poñemos un fondo de espárragos e salgamos, por riba os tomates e o queixo e para rematar o salmón. Regamos co aliño e xa lista para a mesa.
Xa vedes que en moi pouco tempo imos a ter unha deliciosa ensalada e ca axuda dunha das boas conservas que temos.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
 
Conservas
espárragos
Queixo de cabra
salmón