Rolo de paleta ibérica, mascarpone e marmelo

Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)

Receta de Rolo de paleta ibérica, mascarpone e marmelo

Ir á receita en castelán
Imos a preparar algúns petiscos, que nos van a alegrar a mesa e tamén poden ser ideas para o Nadal.
  • Lonchas de paleta ibérica (cortada fina)
  • 150 grs de mascarpone
  • 50 grs de marmelo
  • 30 grs de noces
  • Tallo verde dunha ceboleta
  • 3 follas brancas dun porro
Xa vedes que con uns ingredientes ben sinxelos, conseguimos un vistoso petisco que, ademais, vai a encher a vosa mesa de sabor.
As cantidades dadas son meramente opcionais. Combinade os ingredentes en función do voso gusto, tendo en conta que a paleta e o queixo son principais.
  1. Sacamos o queixo da neveira e deixamos que colla temperatura. Unha vez que estea, traballamos cun garfo para facelo mais cremoso. Reservamos.
  2. Sacamos tres ou catro follas brancas do porro e escaldamos ate que abranden. Reservamos estiradas entre dou papeis absorbentes.
  3. Picamos o marmelo en pequenos cadrados.
  4. Picamos miúdas as noces.
  5. Retiramos as dúas primeiras capas do tallo e picamos o resto miúdo.
  6. Mesturamos o queixo, o marmelo, as noces e o tallo da ceboleta. Remexemos ben para que se repartan de xeito uniforme os ingredientes.
  7. Estiramos as lonchas de paleta (se son longas cortamos pola metade) e poñemos unha porción da mestura do queixo. Enrolamos para facer o rolo.
  8. Cortamos, ó longo e en tiras, as follas do porro e atamos, cas tiras, os rolos feitos.
Coido que é unha boa mestura e que a nós nos gustaron. Ollo que son moi aditivos.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
 
Marmelo
Mascarpone
Noces
Paleta Ibérica