Bacallau con pementos e cebola

Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)

Receta de Bacallau con pementos e cebola

Ir á receita en castelán
Unha receita que a pesares de ser un clásico da cociña, sempre gusta.
  • 2 lombos (bos) de bacallau desalgado
  • 2 pementos vermellos
  • 2 cebolas medianas
  • 2 allos
  • Pirixel
  • Sal
  • Aceite
O bacallau é unha opción que sempre debe de estar presente na nosa cociña. Podemos xogar con el cun un montón de preparacións diferentes e todas elas saborosas. Se non queres perder o tempo co desalgado, hoxe hai opcións no mercado ca oferta de un bo produto, que xa ven desalgado.
O asado dos pementos e cebola, tamén o podemos facer na pota de cocción lenta Crock Pot: serían os mesmos pasos e deixar que se fagan catro horas en Alta. Apagamos e deixamos que baixen de temperatura dentro da pota.
  1. Pelamos as cebolas e lavamos os pementos. Untamos cebolas e pementos en aceite e os poñemos no forno, a 200º, entre 25/30 minutos.
  2. Rematado o asado, sacamos do forno e dixamos que temperen. Cortamos as cebolas en xuliana, retiramos a pel dos pementos e cortamos en tiras. Reservamos nun bol, cun pouco do zume do asado. NOTA: si podedes facer o asado de pementos e cebolas o día anterior, cortalo e gárdalo co seu zume e unhas gotas de vinagre, o prato vai a gañar en sabor.
  3. Dependendo do tamaño do lombo, cortámolo en dous ou tres anacos.
  4. Picamos os allos.
  5. Nunha tixola poñemos a dourar os allos. Cando vexamos que comenzan a tomar cor, engadimos o pemento e a cebola. Damos unhas voltas.
  6. Incorporamos os lombos de bacallau e facemos uns cinco minutos por cada lado. Coidado ó darlle a volta, pois pódense desfacer.
  7. Servimos un fondo de pemento e cebola no prato e por riba os lombos de bacallau. Poñemos un pouco de pirixel picado e listo. 
Pois pouco mais que contarvos sobre unha comida con bacallau. Éxito asegurado. 

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
 
Bacallau
Cebola
Pementos