Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)
Web Autor: https://oliveiravarela.blogspot.com/Ver receta original: aquí.
Receta de Fresas con anchoas
Seguimos con preparacións de bocado. Neste caso trátase dun clásico de mestre Arzak.
- 8 fresas
- 16 anchoas
- Zume de media laranxa
- 50 grs de azucre
- 15 grs de Vinagre do Ribeiro Albarro XPII
Para un bocado tan delicado, non nos quedaba outra que usar un vinagre que estivese á altura do mesmo.
Usei tamén unhas anchoas feitas ó modo antigo, que elabora unha coñecida marca de conservas. Penso que ese sabor, non tan salgado, favorece a delicadeza do bocado.
- Lavamos ben as fresas, retiramos o pedúnculo e cortamos pola metade.
- Mesturamos, nun bol, o azucre, o zume de laranxa e o vinagre. Maceramos as fresas no líquido durante uns 30 minutos.
- Despois do tempo de maceración, retiramos as fresas e levamos o liquido ó lume. Reducimos a un punto de caramelo suave. Reservamos.
- Servimos colocando as metades das fresas, pinchamos unha anchoa en cada metade e aliñamos ca redución reservada.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito