Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)
Web Autor: https://oliveiravarela.blogspot.com/Ver receta original: aquí.
Receta de Salmón ó forno e champiñós
Volvemos con outra receita, neste caso con salmón.
Imos a ir facendo receitas sinxelas, tres ou catro ingredientes principais. O cal non quere dicir que en algunha ocasión nos compliquemos.
- 1 suprema de salmón por comensal
- Champiñóns
- Bacón
- Ceboleta
- Allo
- Sal
- Pementa negra
- Aceite de oliva
- Eliminamos calquera espina que lle puidera quedar ó salmón, Retiramos a pel, se é que viñera con ela. Lavamos, secamos e reservamos.
- Limpamos os champiñóns e cortamos en láminas. Reservamos.
- Picamos a ceboleta e o allo. Deixamos que se vaia facendo despazo nunha tixola con aceite.
- Mentres facemos tiras finas co bacón, que engadimos cando a ceboleta e o allo estean no seu punto. Damos unhas voltas.
- Engadimos os champiñóns e salpimentamos. Deixamos facer o conxunto, tendo en conta que ainda van a ir ó forno.
- Prequecemos o forno a 185º.
- Retiramos os champiñóns e, na mesma tixola, marcamos o salmón. Soamente volta e volta.
- Nunha fonte que poida ir ó forno poñemos os champiñóns e, por riba, as supremas de salmón.
- Deixamos que se fagan uns doce minutos, pero o do tempo vai en función de como vos guste de pasado.
- Emplatamos con unha base de champiñóns e a suprema por riba. Salgamos con sal Maldon.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito