Salmón ó forno con patacas e allos tenros

Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)

Receta de Salmón ó forno con patacas e allos tenros

Ir á receita en castelán
A receita de hoxe é con un dos peixes mais versátiles na nosa cociña.
  • 2 supremas (xenerosas) de salmón 
  • Patacas de guarnición
  • Allos tenros
  • Aceite
  • Sal
Xa vedes que con tres ingredientes, imos a facer un apetitoso prato. Está claro que para levar un atractivo prato a nosa mesa, non hai que complicarse moito.
  1. Pedimos na peixería que nos fagan dous filetes bos e que lle quiten a espiña central. As mais pequenas e a pel xa llas quitamos nos na casa. Lavamos, secamos e reservamos.
  2. Poñemos as patacas, peladas e pinchadas, uns dez minutos no microondas e na metade do tempo, dámoslle a volta.
  3. Cortamos os allos tenros en xuliana.
  4. Poñemos o forno a prequecer a 185ª
  5. Untamos unha bandexa de forno con aceite e poñemos as supremas de salmón, as patacas e os allos tenros repartidos. Salgamos e regamos cun fío de aceite.
  6. Levamos ó forno e deixamos que se faga entre 15 ou 20 minutos a 185º. O tempo vai a depender que como vos guste mais ou menos pasado.
  7. Servimos regando cun pouco do aceite da cocción.
Xa vedes que case sin esforzo, temos un estupendo prato para levar a nosa mesa.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
 
Patacas
salmón