Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)
Web Autor: https://oliveiravarela.blogspot.com/Ver receta original: aquí.
Receta de Estofado de carne con pasta
Estame empezando a entrar afección por estas coccións lentas. As texturas das carnes son espectaculares.
- 900 grs de carne para guisar
- 1 cebola
- 1 cenoria
- 1 dente de allo
- Chicharros (opcional)
- Fariña
- 100 grs sofrito de tomate
- 1 vaso de viño branco
- 2 culler pequenas de mostaza
- 1/2 caciño de caldo de carne Knor
- Sal
- Pementa negra
- Aceite
De momento levo probado con carrilleiras, xarrete, codillos, costela de porco en carnes e unhas sardiñas en aceite.
Teño que dicir que todas as preparacións saíron moi ben, cunhas texturas impresionantes.
- Cortamos, ou o pedimos na carnicería, en anacos xenerosos a carne.
- Picamos a cebola e o allo e cortamos en rodelas a cenoria.
- Nunha bolsa, de plástico, botamos fariña, sal e pementa negra. Metemos os anacos de carne e movemos para que se enfariñen. Pasamos a un coador e sacudimos o exceso de fariña.
- Poñemos un fondo de aceite nunha cazola e pasamos a carne ata que colla cor. Retiramos e reservamos.
- No mesmo aceite (retiramos algún se fose moito) pasamos a cebola, o allo e a cenoria, ate que abranden un pouco.
- Engadimos a carne, damos unhas voltas e regamos co viño branco. Deixamos que se evapore o alcohol.
- Poñemos o sofrito de tomate, as dúas culler pequenas de mostaza e o medio cazo de caldo de carne Knor.
- Damos unhas voltas e deixamos que se integren todos os ingredientes.
- Botamos o conxunto na Crock Pot e poñemos a funcionar seis horas en baixa.
- Preparamos a pasta escollida segundo as indicacións do fabricante.
- Mesturamos todo e correndo para a mesa.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito